Actividades grupais

Activa a túa saúde!

Pilates

Grupos reducidos de unha ou dúas sesións/semana con profesionais cualificados.

Grupos de adestramento

Motívate compartindo adestramento con un grupo reducido. Elixe entre unha ou dúas sesión semanais.

Sesións individuais ou por parellas con obxectivos similares. O contido de cada sesión adáptase á situación, experiencia, obxectivos e necesidades de cada persoa, cunha planificación específica e progresiva.

Readaptación de lesións

Programa para persoas en proceso de recuperación dunha lesión que necesitan recuperar progresivamente as súas capacidades físicas para voltar á súa actividade habitual ou deportiva. O traballo adáptase a cada fase de recuperación, buscando unha volta progresiva e segura ás demandas do día a día, o traballo ou o deporte.

Adestramento para rendemento deportivo

Dirixido a deportistas que buscan mellorar o seu rendemento e prepararse específicamente para as demandas do seu deporte. A preparación física céntrase en desenvolver e optimizar as capacidades necesarias para acadar o máximo rendemento, adaptando exercicios e cargas a cada deportista e ao momento da tempada.

Adestramento para a mellora da condición física

Orientado a mellorar a condición física, desenvolver capacidades físicas e previr posibles problemas. Os exercicios, cargas e progresión axústanse ao nivel, obxectivos, dispoñibilidade e posibles limitacións de cada persoa. Adecuado tanto para quen comeza a adestrar, como para quen busca seguir progresando e mellorar o seu rendemento físico.

Adestramento para persoas con patoloxías

Dirixido a persoas con algunha patoloxía ou condición que requira adaptar o exercicio. Utilízase o exercicio para mellorar a capacidade funcional, a forza, a mobilidade e a autonomía, respectando as características e limitacións de cada persoa. O traballo é progresivo e, cando é necesario, pode coordinarse coas indicacións doutros profesionais

Realizamos unha análise detallada da túa condición física. Esta información permite crear unha folla de roteiro totalmente personalizado e medir o progreso de forma obxectiva.

Valoración externa con informe

Valoración completa, axustada a obxectivos e necesidades individuais, para coñecer con maior detalle o estado actual da persoa antes de comezar, ou durante, un programa de adestramento e/ou readaptación. Inclúe un informe cos resultados e recomendacións de traballo, que pode compartirse con outros profesionais externos implicados para facilitar a coordinación e o seguimento. Tamén permite dispoñer dunha referencia do estado actual e valorar a evolución ao longo do tempo.

Valoración interna sen informe

Valoración orientada a coñecer o estado actual da persoa e as súas principais necesidades antes de comezar a adestrar. Realízanse probas e exercicios adaptados a cada obxectivo e situación.

Non inclúe un informe escrito. A información obtida utilízase para orientar e adaptar as sesións de adestramento e, cando sexa necesario, compartila con outros profesionais de Clínicas On.

Valoracións grupais

Dirixidas a equipos, clubes ou grupos deportivos. O contido adáptase ao tipo de grupo e aos obxectivos, podendo valorar o estado físico xeral ou capacidades concretas relacionadas coa actividade deportiva. En equipos, os resultados poden axudar a adestradores e preparadores físicos á toma de decisións para planificar o adestramento e controlar os seus efectos.

Programa deseñado tras unha sesión de valoración e explicación dos exercicios para que poidas adestrar pola túa conta, cunha planificación adaptada aos teus obxectivos, nivel, dispoñibilidade e material.

Recoméndase realizar sesións de control presenciais periodicamente para revisar a evolución, corrixir a execución, axustar as cargas e adaptar a planificación.

Pode utilizarse para adestrar sempre por conta propia ou como complemento ao traballo presencial para aumentar a frecuencia de adestramento.

O plan semipresencial consiste nunha sesión mensual (presencial ou online) co/coa adestrador/a persoal e envío de traballo adaptado ás necesidades de cada persoa, aos obxectivos marcados e á dispoñibilidade horaria, para que realice de forma autónoma.

Recuperación
funcional

Na recuperación funcional, os adestradores coa maior coordinación posibel cos nosos fisioterapeutas, traballan para a recuperación de lesións ou dores dos pacientes con exercicios activos que lle permitirá ás persoas adaptarse de forma máis óptima ás súas actividades diarias.