Psicoloxía Deportiva

Psicoloxía deportiva é unha área da psicoloxía que traballa o adestramento mental con deportistas de alto nivel e de base.

Aspectos como a xestión dos nervios en competición, xestión emocional (enfados ou medos), a concentración, a confianza, a motivación e o traballo en equipo entre outros.

Clubes, federacións, deportistas, árbitros, adestradores, pais e mais de deportistas e directiv@s. Trabállase no deporte base para que os deportistas aprendan valores e aprendan a controlar as súas emocións do día a día. Ademáis, tamén pode axudarlles co adestramento mental a deportistas e equipos.

Psicoloxía Empresarial

A psicoloxía empresarial é a área da psicoloxía que se ocupa da intervención cara a mellora da vida laboral.

Aspectos como a xestión do tempo, estrés laboral, confianza, concentración e productividade e o traballo en equipo entre outros.

Empresas, traballador@s, autónom@s e diretiv@s que queiran optimizar a súa vida laboral.

Psicoloxía do Benestar

A psicoloxía do benestar ocúpase do desenrolo de capacidades e crecementos persoal co obxectivo de previr e potenciar o benestar e saúda das persoas.

Aspectos enfocados a previr a saúde mental e física, xestión do estrés, confianza en un/unha mesma e potenciación de hábitos saudabeis que permitan á persoa xestionar as súas emocións e as súas relacións sociais de forma adecuada

A calquera persoa que quere cuidar e potenciar a súa saude mentar e con elo o seu benestar. Notas malestar diario? Queres mudar algo na túa vida? Tes sensación de vacío?