Prezos 2026 – IVE incluído
Os bonos terán unha validez dun ano dende a súa compra. Poden compartirse entre varias persoas. Non se reembolsarán as sesións pendentes salvo causa xustificada. Os bonos dun prezo poderán utilizarse para produtos doutro prezo aboando a compensación correspondente.
O custo do adestramento é o prezo total da sesión independentemente de se acude 1 ou 2 persoas (pódese acudir en parella cando o obxectivo do adestramento sexa similar). Os bonos de adestramento terán unha validez dun mes dende a data de compra.
As actividades grupais aboaranse ao inicio de mes. En caso de non realizar o pago non se reservará a praza. Grupos de setembro a xullo (incluídos).
Antes de comezar calquera plan de adestramento realizarase unha sesión de valoración inicial. Poderanse valorar outras opcións de adestramento adaptadas a cada persoa.